Abusiva subida do prezo da auga en Maside
Quero denunciar o que está pasando no concello de Maside co recibo da
auga. Dun ano para outro pasamos de pagar de 3 euros a máis de 12 euros
soamente nas cuotas. E ademais o consumo pásase a facturar por un sistema de
tramos tamén máis perxudicial co que había antes. E iso que o final non
lograron privatizar a auga nin nada. Temos que reaccionar e non deixar que
isto se converta noutro Punxín 2.0