Sobre a oficina de turismo da Alameda
Dende o Grupo Municipal Socialista do Carballiño, amosamos unha vez máis a nosa preocupación por unha área que nestes momentos é vital para a economía e a dinamización do noso concello.
¿ Cal e a nosa preocupación ?
A aposta turística. Atopámonos cunhas deficiencias tremendas neste eido, xa non falemos ,de novo, da área do entorno do Parque Etnográfico ( museo, camping, pallozas etc.) non, hoxe a nosa gran preocupación é que estando como estamos en pleno verán,a 17 de Xullo,teñamos a oficina de turismo da Alameda pechada…unha vergoña, unha desidia e como non ,unha evidencia máis de que a Concellaría vai tan á deriva que só se preocupa en anunciar tarde e mal a Festa do Pulpo.
A día de hoxe na oficina de turismo da alameda xa teriamos que ter datos da xente que nos visita, estancia, procedencia, idade etc., datos moi valiosos que co anterior goberno si se coñecían.
Propoñemos unha vez máis que se o actual grupo de goberno e ,en concreto , a Concellaría de Turismo non son capaces de por á disposición dos visitantes o servizo, que o privatice, que dende logo esto si o saben facer