Deterioro nos poemas de Manuel María
Comprobamos como nunha esquina do Concello hai un monolito de latón
lacado rotulado cun poema de Manuel Maria, do cantigueiro dedicado ó
Carballiño: que diante ten unha papeleira....Seguimos vendo o estado da
cuestión doutro destes monolitos da mesma serie na Fonte de Flores: diana do
vandalismo, acribillado....o da Eira de Flores: servindo de carteleira dun
pub...¿Como non se dignifica esta boa iniciativa cultural e nada costosa,
con materiais máis resistentes e acondicionando o entorno?. Este maltrato
consentido non di moito ao noso favor.