Desbrozando pedras
Hoxe andaban os tractores de desbrozar polas cunetas das pistas de
Maside. Hai uns días tamén o de Punxín facía outro tanto. A ninguén se
lle escapa que, nestas datas, pouco (ou nada) hai para desbrozar, como
tampouco que dentro de mes e medio, ou dous meses, andaremos todos
adiviñando se ven algún coche cando cheguemos as curvas, porque a herba
estará con metro e medio de alta e a desbrozadora non pasará hasta o mes de
setembro. O que se di na nosa terra: "día de todo véspera de nada".
Gastando en gasóleo, finxindo cortar unha herba que non chega aos dez
centímetros e eso sí, destrozando as pezas da desbrozadora contra as
pedras, os postes e os sumidoiros das cunetas. Os muros chegan a estar
redondos de tanto "desbrozálos" ano tras ano. Mentres, os alcaldes
repectivos, nótase que non miran para as cunetas e non ven o lixo e as
moreas de escombro, garrafas de plástico, bidóns de aceite, etc. que se
atopan nelas. Un traballo que leva anos pendente de ser feito pero que
alguén ten que dar a orden de que, en lugar de andar perdendo o tempo no que
non se precisa, como é gastando combustible e material fora de época, que
se retire o lixo das pistas, que tamén é responsabilidade do concello. Eso
por non falar da imaxe noxenta que amosan as pistas destes concellos, cheas
de lixo desde hai moitos anos.