Estamos seguros ?
Sucedeu no campo de Espiñedo, pero podería ocorrer nunha vivenda, na rúa, nunha oficina ou nunha estrada. Un perigoso e grave accidente, que felizmente non foi a maiores. Un xogador que resulta coa testa rota, tirado no céspede e logo no banquiño, arroupado por mantas. Unha ambulancia que non chega que fai dramática a espera. Unha poboación de case 30.000 habitantes, pendente dun vehículo sanitario. Un só. Cecais ocupado, ou non, noutro incidente. Lembro as alegacións e propostas do exdeputado Chema Ferreiro, do BNG, ós orzamentos da Xunta, xa hai 20 anos, rexeitadas polo PP. Terá que morrer alguén para poder dispor de, ó menos, dúas ambulancias no PAC do Carballiño??