Sobre o carnaval
Hola boas tardes: Quería facer un comentario sobre o carnaval neste pobo. Pareceume penoso. Eu son dos que me disfrazo todos os días, gústame sair pola rúa e pasalo ben (é do que se trata). Noto que cada vez hai menos xente disfrazada pola rúa, non hai nada de nada.... Todo está baseado no desfile. A xente mira o desfile (o 90% sin disfrazar) e vaise para casa. Si esto é carnaval...... Estiven mirando un pouco dito desfile e notei que este ano había moi poucas carrozas (sólo tres valían a pena). En fin, creo que no Carballiño non hai carnaval todo é a trapallada do desfile.... Creo que o carnaval morreu. Gracias