A Asociación Carballiño denuncia "o pasotismo do alcalde do Carballiño"
A Asociación de Veciños Carballiño critica que o pasotismo do alcalde ante as reiteradas queixas veciñais polo seu proxecto para modificar o PXOM custará aos cidadáns do Carballiño 40.000 euros que poderían terse destinado a outras cousas máis necesarias.
O acontecido co PXOM é unha mostra máis de que este alcalde xestiona o goberno municipal dándolle as costas ao pobo, sen defender para nada aos veciños e sen atender as súas opinións. De feito, lembran que a Federación de Asociacións Veciñais promoveu a recollida de sinaturas e pediu a anulación do proxecto dende o primeiro momento, ao comprobar os graves prexuízos que acarreaba para a maior parte dos cidadáns, sobre todo nos núcleos rurais.
Si Marnotes houbese escoitado á cidadanía e atendido as súas queixas, os carballiñeses terían aforrado os 40.000 euros que o Concello destinou á redacción do proxecto, e que poderían terse gastado por exemplo en arranxar os baches do casco urbano e o rural, que tantas veces solicitamos.
Os veciños estamos fartos da arrogancia deste alcalde, que en catro anos nunca atendeu as prioridades do pobo e que ten esquencidos aos colectivos desta vila. O único motivo que ten Marnotes para paralizar agora o PXOM é a proximidade das eleccións, o cal evidencia que non ten ningún interese no benestar dos cidadáns, e só se move por intereses particulares.
É unha vergoña para os veciños do Carballiño que o alcalde lles veña a dar a razón despois de tanto tempo simplemente porque estamos en ano electoral, e non porque atenda e defenda á cidadanía. Se houbese escoitado á veciñanza, os carballiñeses teríamos aforrado tempo, diñeiro e disgustos.
Asdo. Gonzalo Rodriguez Conde.