Despilfarro e autobombo en Maside
Querido alcalde de Maside, hoxe tiven o privilexio de leelo no diario La Región, ocupaba vostede unha plana completa. Agardo que esta propaganda de autobombo resulte gratuita para as arcas do Concello, porque recordo que cando quería vostede privatizar a auga, despilfarrou 18.000 euros nun presunto informe para eso, privatizar a auga.
Resultando esto preocupante, carece de importancia relativa cando vostede emplea unha plana completa da Región, para falar de pleno emprego. Querido alcalde, a ver se se entera vostede, si vostede está preocupado polo pleno emprego, o primeiro que ten que facer é contratar un axente de emprego e desenvolvemento local (están subvencionados ao 80% polo Fondo Social Europeo), debe ser Maside o único concello da comarca que non o ten. Tamén pode vostede contratar un Orientador/a Laboral (están subvencionados ao 100%) e casi tosos os concellos o/a teñen. Fíxese vostede, aquí xeneraría vostede dous postos de traballo sen apenas gasto para o concello.
Outra cousa que viría ben é sacar o PXOM nos próximos días a veciñanza como prometera en maio de 2011 (aínda estamos esperando).
Non debe estar vostede moi preocupado polo pleno emprego cando non quere xerar estes dous postos de traballo (anímese tan só lle quedarían 258 persoas máis pra arranxar as 260 persoas paradas de Maside). Acórdase vostede de Santa Bárbara cando trona, querido alcalde. Nos casi nove anos que vostede leva ¿non se acordou do emprego? Ou considera que o obxectivo do pleno emprego estaría acadado se todos os da súa corda quedan colocadiños.
Mire vou ter clase e respecto polas persoas e non vou falar de quén traballa onde vostede ten largos tentáculos, pero o que si vou facer é decirlle que resulta vergoñento que cando alguén deixa a súa currícula nunha determinada empresa, os da empresa o remitan a vostede. Nas mesma liña, terei respecto polos traballadores do concello e non diréi quen traballa alí e por qué, porque é público e notorio.
E con respecto ás mentiras que vostede di da incineradora de neumáticos, non vou falar porque xa hai moita xente disposta a desenmascarar ó impostor.
E pra despedirme de vostede dígolle que pódese enganar a moita xente pouco tempo, ou a pouca moito tempo, pero non a todo o mundo todo o tempo. E xa lle digo hoxe que o seu intento de tomar por parvos a todos os veciños de Maside, terá como resultado un estrepitoso fracaso.