Os pasos de peóns elevados do casco urbano do Carballiño son ilegais
O Concello do Carballiño deberá adaptar os pasos de peóns elevados existentes tanto na rúa Martínez Avellanosa como na Avda. de Julio Rodríguez Soto á normativa reguladora deste tipo de elementos, xa que incumplen a lexislación vixente, e podería darse o caso dalgún automovilista que denunciase o Concello Carballiñés como titular destas vias. En idéntica situación estarían os pasos elevados construídos na Avda. de Compostela, aínda que neste caso a titularidade da vía é autonómica. Atá o mes de octubro do ano pasado non existía unha normativa reguladora, pero desde entón, o regulamento xeral de circulación converte en obstáculos prohibídos os resaltos e pasos de peóns que non cumplan coa normativa básica do Ministerio de Fomento.
Os pasos de peóns elevados, adaptados á normativa legal, deberán consistir nunha plataforma trapezoidal de 10 cms de alto como máximo. Todos os pasos de peóns contruídos polo Concello do Carballiño rebasan amplamente esa medida. Ademáis, tamén fixa a normativa que os pasos de peóns elevados, deberán contar cunhas rampas de subida e baixada, que estarán en relación cos límites de velocidade existentes. Serán dun metro para vias con velocidade máxima permitida de 30 kms hora, de 1,5 para velocidades de 40 kms. hora e, finalmente de 2,5 para vías con velociddes de 50 kms. hora.