Preocupación en Beariz e Avión polo brote de gripe porcina en Méjico
Os concellos de Avión e Beariz esperan, a partir do vindeiro mes de maio e como acontece cada ano, a chegada de centos de emigrantes residentes no país mejicano, que en moitos casos prolongan a súa estadía atá o mes de agosto. Non parece logo extraña a inquietude e preocupación polas informacións chegadas durante a fin de semana e que apuntan xa a oitenta casos de mortes confirmadas, e máis de mil pacientes en observación nos Estados Mejicanos, coma consecuencia da virulencia desta epidemia de gripe porcina. Unha preocupación tanto para as familias emigrantes residentes en méjico como os seus familiares e veciños residentes na nosa terra.
A ministra de sanidade española, Trinidad Jimenez, confirmaba este domingo a aparición de oito posibles casos en España, ningùn en Galicia, de persoas chegadas recentemente de Méjico. A Organización Mundial da Saúde recomendou ás autoridades sanitarias medidas de prevención e control exhaustivo daqueles casos anormais de neumonía ou gripe, sobre todo en persoas que non sexan nenos ou anciáns. Dase a circustancia que este brote afecta especialmente e con máis forza os adultos xóvenes e con boa saúde.