O tren talgo, detido hora e media no Carballiño, ó rexistrarse varios focos de lume á beira da via
Varios focos de incendios rexistrados á beira da via de ferrocarril á altura dos Concellos de Maside e Punxín, obrigou a cortar o tráfico ferroviario, entre Maside e Ourense, no trascurso desta tarde de mércores. Según a información facilitada polo Adif, esta incidencia motivou que o tren talgo Galicia-Madrid, tivera que permanecer detido durante máis dunha hora a altura do Concello do Carballiño, con 400 pasaxeiros a bordo. Nun primeiro momento sospeitouse que os lumes, todos localizados á beira da vía férrea, foran provocados polas chispas desprendidas por un tren mercancias, ainda que das inspeccións realizadas posteriormente desmentíuse esa posiblidade. Tras a intervención dos equipos anti-incendios forestais, o tráfico ferroviario entre O Carballiño e Ourense quedou novamente restablecido.