O Concello de Maside dará o nome de "Alfonso Róo Gil " a unha rúa de Dacón
A Corporación Municipal de Maside aprobará na vindeira sesión, a celebrar o martes dia 12 de maio, o expediente polo que a rúa Santa María, na localidade de Dacón, pasará a denominarse oficialmente "rúa Alfonso Roo Gil". A proposta levase o Pleno da Corporación Masidá cando está proximo a cumplirse o primeiro cabodano do pasamento deste veciño de Dacón, falecido tras sufirir un accidente laboral, e cando contaba 63 anos de idade. Alfonso Róo Gil foi, duante 15 anos, entre 1991 e 2007, concelleiro do psoe na Corporación Municipal de Maside, e durante moitos anos -practicamente desde a súa creación- presidira a Asociación de Veciños de Dacón. Agora, dandolle o nome dunha rúa do seu pobo, O Concello de Maside pretende recoñecer o traballo público que durante tantos anos realizou en favor da comunidade.
Ademaís, nesta mesma sesión plenaria, a Corporación debatirá a aprobación de dous convenios de cooperación co veciño concello de Punxín, para a recollida do lixo e a xestión dos servizos sociais, tras abandonar ambos Concellos a Mancomunidade Comarcal. Tamén se someterá á consideración do pleno a adhesión do Concello de Maside ó convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e as Entidades xestoras para a recollida selectiva de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos e aprobaráse unha operación de permuta dun sendeiro público.