Psoe e Bng reunense para negociar os orzamentos, mentres o PP sintese marxinado
A 72 horas por diante da celebración da sesión plenaria da Corporación muncipal, convocada para este xoves dia 14 de maio ás doce e media da mañá, na que se deberán votar os orzamentos para este ano no Concello Carballiñés, Psoe e Bng reuníronse para negociar un posible acordo que permita o grupo de goberno sacar adiante o seu proxecto de orzamentos. A pasada semana, o Alcalde Carlos Montes remitira unha carta-invitación dirixida ó portavoz do Bng Manuel Amil, para celebrar unha reunión e chegar a un acordo que permita aprobar as contas do 2009. Finalmente, a reunión celebrouse a primeira hora desta tarde, e á mesma non acudíu Amil, senón que en representación do Bng fixerono os concelleiros Bernardo García e Aúrea Francisco. Unha reunión bipartita á que non foi invitado o Partido Popular.
Do encontro entre socialistas e nacionalistas, pouco trascendeu de momento. Estiveron reunidos por espacio dunha hora e quedaron emplazados para unha nova xuntanza este martes dia 12. Mentres, desde o Partido Popular, Argimiro Marnotes, manifestou no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" que a "actitude do Alcalde do Carballiño é dunha total irresponsabilidade" por deixar fora desta negociación o Partido Popular, e máis agora que o PP tería moito que decir e aportar desde o Goberno da Xunta de Galicia. Marnotes considera ademáis que esta actitude do Alcalde Carballiñés "que se pón a venda antes da ferida" é un desprecio para os miles de veciños que apoian o Partido Popular.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións a Cope O Carballiño de Argimiro Marnotes