O barrio de Flores, peonil a partir da vindeira semana, suprimirá máis prazas de aparcamento
A partir do vindeiro lúns o barrio de Flores convertese en zona peonil, asi o anunciou o concelleiro de tráfico do Carballiño José Antonio Barge, nun acto informativo no que compareceu acompañado polo Alcalde Carlos Montes. Desta maneira, todos os accesos a este barrrio de Flores quedarán desde a vindeira semana pechados por medio da instalación de pivotes automáticos, entregandoselle unha tarxeta ós residentes para que poidan acceder cos vehículos ós garaxes existentes no barrio. A decisión municipal conlevará consigo a supresión de numerosas prazas de aparcamento, agravandose aínda máis esta problemática nunha tan próxima ó centro do Carballiño, sen que por parte dos responsables municipais se teña prevista alternativa algunha para compensar esta nova supresión de prazas de aparcamento públicas. Ademáis, Barge tamén adiantou futuros e novos cámbeos para a reorganización do tráfico nas rúas carballiñesas, que afectarían a rúa dos canteiros e un tramo da rúa cerca, que invertirán o sentido da circulación, ainda que os cámbeos non se farán efectivos atá que se leve a cabo a construcción da praza da Veracruz, que ademáis prevé a apertura dun novo vial que comunicará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamonde. Tamén se invertirá o sentido da circulación na rúa Marcelino Parrondo, no tramo entre Martínez Avellanosa e Curros Enríquez.
Aproveitando esta mesma comparecencia informativa, O Alcalde Carlos Montes volveu referirse - a preguntas dos xornalistas- sobre a fallida presentación da cuestión de confianza ante o pleno da Corporación Municipal, limitandose a decir que "é unha posibilidade que sigue ahí, pero agora o importante é traballar e pensar no dia a dia, seguir con toda tranquilidade, e a partir de ahí seguimos abertos ó diálogo"