Os paneis informativos do paseo fluvial converten en "romana" á ponte medieval de Veiga
Os paneis informativos instalados pola confederación hidrográfica no paseo fluvial do rio arenteiro, como pode apreciarse na fotografía ( PODE AMPLIALA FACENDO CLIC) conteñen un erro de bulto ó referirse á ponte medieval de Veiga, ó aparecer nos paneis como "Puente Romano", nada menos. Os paneis informativos nos que aparece este erro histórico forman parte da sinalización instalada ás beiras do paseo fluvial do río Arenteiro, que se inicia precisamente nesta antiga ponte, nas inmediacións do cuartel da Garda civil e as piscinas municipais, e continúa atá a piscifactoria. En total, foron instalados oito paneis que conteñen información sobre a historia dos lugares máis senlleiros de todo o percorrrido a carón do rio en ambas marxes, e un total de 24 sinais informativas e direccionais.
Na presentación da sinalización, que foi financiada por medio dunha achega económica da consellería de medio ambiente, o alcalde do Carballiño, Carlos Montes, adiantou que en poucos dias iniciaráse a segunda e definitiva fase de construcción deste paseo fluvial do río Arenteiro, no tramo que resta por executar, na marxe dereita entre a ponte de Toscaña e o hotel Xardín, dunhos 300 metros de lonxitude. Inicialmente, no proxecto que se levou a cabo por parte da confederación hidrográfica calificouse este espacio como reserva de fauna, pero tras as alegacións presentadas tanto por veciños como polo propio Concello, decidiuse finalmente acometer esta actuación, e na que se contempla a instalación dunha pasarela de madeira sobre pivotes nunha gran parte deste percorrido, para evitar a zona de alagamento do río.