Veciños do barrio de Flores solicitan unha reunión co concelleiro de tráfico para abordar a problemática existente
Un numeroso grupo de veciños do barrio de Flores reuníuse a última hora da tarde do pasado venres para analizar a decisión municipal de converter en peonil esta zona. Na xuntanza puxeronse de manifesto diversos aspectos problemáticos que os veciños entenden se van agravar aínda cara o futuro, e tamén se constatou a falla de información sobre o proxecto de reordenación impulsado pola concellería de tráfico. Por este motivo, os reunidos consideraron oportuno a asistencia do titular deste departamento municipal, o concelleiro josé Antonio Barge, co que contactaron telefónicamente para expoñerlle estas inquedanzas. Tras a conversación telefónica o concelleiro comprometeuse a acudir persoalmente a unha nova reunión que terá lugar o luns dia 1 de xuño ás oito e media da tarde na eira de Flores.Mentres, o Concello iniciou esta pasada semana a instalación dos bolardos nas rúas de acceso a este barrio carballiñés, unhos traballos que se completarán nos vindeiros dias, de tal maneira que desde entón quedará restrinxido ó paso de automóbiles ós residentes con garaxe e a aqueles vehículos de servizo que realicen labores de carga ou descarga.