Contra todo pronóstico: aumenta o fluxo de emigrantes que se desplazan nas vacacións de verán.
Nin a crise económica nin a "gripe a" parece que vaian ter influencias negativas no fluxo de emigrantes residentes nos países americanos, maiormente Mexico, que se van desplazar este ano para disfrutar das vacacións de verán nos seus concellos de orixe. Todo o contrario, os primeiros datos e as previsións coñecidas apuntan a que o número de emigrantes que viaxen vaise incrementar neste 2009 en relación ós últmos anos, unha circustancia que se notará especialemnte en concellos coma os de Boborás, Beariz ou Avión, de feito a este último concello xa chegaron numerosas persoas no transcurso das útlima semana nun número superior o de outros anos. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, confirmou nunha entrevista con Xan Pinal no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" estas optimistas previsións e explicou que se debe en gran parte "o abaratamento das viaxes de avión, con atractivas ofertas que animaron a moitos a facer o desplazamento". Montero dixo que no transcurso das vindeiras semanas, atá completar o mes de xuño, seguirán chegando centos de emigrantes que na maior parte dos casos prolongarán a súa estadia atá mediados do mes de agosto, de tal maneira que "seguramente imos doblar a poboación residente no Concello de Avión xa que rondaremos a cifra das cinco mil persoas". Axencias de viaxes consultadas por Cope O Carballiño tamén confirmaron estas boas prediccións, xa que o número de viaxes e aluguer de vehículos e superior ó dos últimos anos. De feito, no Carballiño xa se nota desde fai algunhos dias.