Rouban cinco mil euros en efectivo e unha medalla de ouro nunha vivenda do Carballiño
A denuncia foi presentada ante a garda civil do Carballiño, onde compareceu L.F.R., de 74 anos de idade, facendo constar que persoa ou persoas descoñecidas accederon ó interior do seu domicilio no Carballiño, tras forzar a porta da vivenda, levandose cinco mil euros que gardaba en efectivo e unha medalla de ouro. Na nota informativa da Garda Civil non se ofrecen máis detalles. O certo é que se trata dun novo caso dentro dunha série de roubos que durante os útlimos meses se veñen producindo en pisos e vivendas do casco urbano do Carballiño, ós que os ladrós acceden aproveitando a ausencia dos seus propietarios a diferentes horas do dia, xa que se trata de vivendas habitadas.