Falece unha veciña do Varón en accidente de tráfico na estrada de Ribadavia
Unha veciña da localidade carballiñesa de San Fiz do Varón faleceu esta tarde nun acccidente de tráfico na estrada do eixo do ribeiro, a altura da propia parroquia do Varón, a unhos catro kilómetros do Carballiño. O sinistro aconteceu minutos antes da oito da tarde, cando un vehículo se saíu da calzada e posteriormente producíuse un choque entre dous turismos. Atá o lugar desplazouse o helipcótero medicalizado do servizo 112 con base no hospital provincial de Ourense. Por parte da garda civil de tráfico non se falicitou a identidade da persoa falecida, ainda que se confirma que se trata dunha muller do pobo de San Fiz do Varón.