Afíns ó bng carballiñes mostran o seu malestar polo anuncio de pacto de goberno cos socialistas
Simpatizantes e persoas afíns ó bng carballiñés están trasladando ós responsables deste grupo municipal o seu malestar polas negociacións que se están levando a cabo co psoe para acadar un pacto de goberno no Concello do Carballiño. Malia que a dirección local do bng consultou á militancia nunha asemblea local e conta inicialmente coa a súa aquiescencia para negociar cos socialistas un goberno bipartito, o certo é que nos últimos dias son numerosas as persoas próximas ó bng que veñen manifestando o seu rexeitamento ante este anuncio, que está a despertar certo recelo nos ambientes afíns ó bng carballiñés. "Onte mesmo chamei persoalmente a Amil paa preguntarlle que estaba pasando e manifestarlle a miña opinión totalmente contraria o acordo que se pretende", comentaba unha destas persoas, "sumiron o Concello nun caos económico e político e agora veñen pedir socorro, atá agora estiveron ninguneando o bng, non o entendemos". Estas reticencias que se están detectando entre o electorado nacionalista máis fiel, podería facer reflexionar ós concelleiros do bng, que non son alleos a esta realidade, e saben que os remisos a asinar un pacto de goberno con psoe son numerosos nestes momentos no entorno nacionalista.
Mentres, as negociacións poden entrar nunha fase decisiva esta mesma semana. Os negociadores do Bng presentarán un compromiso de mínimos que deberían asumir os socialistas, e no que entrarían a realización dunha auditoria das contas muncipais e un plan de pago ós acreedores do Concello. Tamén está ainda por decidir o reparto de áreas entre unhos e outros. No bipartito que ambos protagonizaran entre 1995 e 1999, o bng daquéla con 3 concelleiros, ún memos dos que tén na actúal corporación, tivera ó seu cargo as concellerías de obras e urbanismo, medio ambiente e servizos sociais, e a primeira tenencia de Alcaldia.