Nove parrroquias foron catalogadas como de alto risco no plan de prevención e defensa contra os incendios forestais
O distrito forestal Arenteiro-O Ribeiro, con base operativa na localidade de Seoane, onde se concentran os recursos humanos e materiais da Xunta de Galicia na loita contra os incendios forestais, tén un total de nove parroquias que foron catalogadas de moi alto risco, e que serán obxeto dun plan especial de vixiancia. Son as de Nieva, no Concello de Avión, Abelenda das Penas en Carballeda de Avia, A Corna e Loeda en Piñor, Melón e Quíns en Melón, Lobás no Carballiño, Amarante en Maside e, finalmente, a parroquia de Oseira no Concello de San Cristovo de Cea. Todas estas parroquias, consideradas como de risco extremo serán obxeto dun operativo especial de vixiancia e control. Ademáis, neste mesmo plan de prevención e defensa contra os incendios forestais, que ven de aprobar o Consello da Xunta de Galicia para este ano 2009, figuran como Concellos que tamén se catalogaron como de risco elevado os de Boborás, O Irixo, Maside, Piñor, San Cristovo de Cea, Melón, Carballeda de Avia, Cortegada e Melón, todos eles pertecentes a este mesmo distrito forestal que agrupa a totalidade dos Concellos das Comarcas do Ribeiro e O Carballiño.