O Concello do Carballiño aprobou a solicitude dun préstamo para pagar 831 facturas a 168 proveedores
Cos votos favorables de Psoe e Bng, e abstención do Partido Popular, A Corporaciòn Municipal do Carballiño aprobou esta mañá o recoñecento extraxudicial de facturas, esto é, recoñecento de facturas que o Concello do Carballiño ten pendientes de pago anteriores ó cerre do exercicio económico do 2008, e por importe dun millón 160.523 euros. En total son 831 facturas correspondentes a 168 proveedores, con cantidades que oscilan entre os 37,38 euros atá os 204.754 que suma o importe máis elevado. Eso sí, os portavoces do Bng, Manolo Amil, e do PP, Argimiro Marnotes, aclararon que nesta remesa non entraron a totalidade das facturas pendientes de pago por parte do Concello, e pendientes aínda de estudio por parte dos servizos muncipais. O pago das facturas que foron hoxe obxeto deste recoñecemento extraxudicial serán abonadas nun prazo dun mes. Ademaís, a Corporación tamén aprobou o plan de saneamento que esixe o Real Decreto de medidas extraordinarias e urxentes, a través do que o Concello Carballiñés aprobou a solicitude dun préstamo por un importe coincidente coa cantidade das facturas recoñecidas, que o Concello deberá amortizar nun prazo de cinco anos e medio. Esta operación de endebedemanto foi aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos que integran a Corporación Carballiñesa.