A Garda Civil sospeita que un único vehículo foi o autor do apedreamento de turismos que tivo lugar a pasada fin de semana
(Redacción. Belén González) O posto da Garda Civil foi moi demandado ó longo de toda a pasada fin de semana, xa que varias persoas interpuxeron denuncias polos lanzamentos de pedras ós coches realizados de madrugada -a noite do sábado- ó redor da unha da madrugada por persoas das que aínda se descoñece a súa identidade. Este fito tivo lugar na estrada Ourense - Vigo, preto de Razamonde, na N-120 e causou estragos nos vehículos estacionados; ademáis provocou dous feridos.
Según declaracións dun veciño da comarca e familiar dun dos afectados a "A mañá de Cope O Carballiño", unha das mulleres resultou ferida leve, mentres que outra tivo que ser trasladada ó complexo hospitalario de Ourense debido ó impacto dos cristais rotos na cara e fractura da clavícula. Según algunhas testemuñas, trátase dun coche de gran cilindrada que ía cheo de xente e que se atopaba realizando unha competición para ver quén apedreaba máis coches. Ademáis, o automóbil realizou un percorrido por toda a comarca partindo de Ourense e pasando por Untes, Punxín e Maside -N-541-, San Amaro, Portodeguas e Ourense.
Na xornada do luns, 20 de xullo, achegáronse ás dependencias da Garda Civil máis persoas para interpoñer dúas novas denuncias. Os afectados atopábanse circlando pola vía cando recibiron o impacto das pedras. Os turismos afectados corresponden as seguintes identidades: un BMW pertencente a Ramón G.M., veciño de Barbantes, de 46 anos que sufriu danos no teito solar e un Peugeot, propiedade de Fredi P.S de 26 anos, veciña de A Grova (Ribadavia) e que recibiu as pedradas no foco traseiro e aboladuras nas portas. A Garda Civil segue investigando e afirma que os danos foron ocasionados dende o mesmo turismo que circulou polas diferentes localidades da comarca de O Ribeiro e O Carballiño lanzando pedras ós coches aparcados e en circulación.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións de Modesto familiar dun dos afectados
A maioría dos automóbiles afectados, que interpuxeron as denuncias ó longo de todo o fin de semana, pertencían ós veciños da comarca de O Carballiño. Segundo un comunicado da Garda Civil, os afectados corresponden ós seguintes datos: Nissan Terrano pertencente a Ernesto G.P. de 47 anos, veciño de Punxín (Barbantes); este automóbil sufriu a rotura da ventanilla traseira da parte esquerda. Outro veciño de San Amaro que corresponde á identidade de José B.A., de 69 anos, recibiu no seu Citröen Xsara pedradas que lle romperon a luneta traseira. María Manuela, veciña de Ribadavia e propietaria dun Chevrolet Kalos tamén sufriu danos no seu vehículo.
Durante a tarde do fin de semana, varios Axentes do Subsector de Tráfico tamén rexistraron máis denuncias, pero nesta ocasión os afectados atopábanse circulando pola vía cando recibiron o impacto de pedras nos seus automóbiles. As pedradas tamén foron lanzadas dende coches en movemento e os afectados corresponden cos seguintes datos: Jorge O.B. de 26 anos, veciño de San Vitorio, propietario dun Volkswagen Golf recibiu pedradas e a rotura do seu parabrisas. Outra das afectadas foi unha veciña de Vilar de Rey (Cenlle); Marina V. F. de 45 anos recibiu as pedradas na parte posterior esquerda do seu Peugeot 205. Milagros G.C. de 43 anos, veciña de Vilela (Punxín) sufriu desperfectos no seu vehículo, un Renault Clio. Outro vehículo dunha veciña de Ourense de 58 anos tamén resultou afectada, posto que sufriu danos no proxector dianteiro esquerdo e aboladuras frontais. Polo momento non se coñece o valor dos danos materiais causados ó igual que a identidade das persoas que realizaron estas accións. Outros sucesos similares tiveron lugar días atrás en diversas localidades da provincia de Ourense.