A VI edición do Festival Senuncan trae ó Parque Municipal un cartel repleto de boa música
(Redacción.Belén González) Xa pasaron seis anos dende que se comezou a realizar o Festival Senuncan. Este venres día 31 e sábado 1 de agosto, Senuncan celebra o seu sexto aniversario que congregará a tódolos asistentes no Parque Muncipal. Despois da polémica xurdida ó coincidir con outro evento no mesmo lugar, o espectáculo comezará mañá venres e continuará o sábado; todos aqueles que queiran poderán acampar libremente. O cartel deste ano trae ó Parque Municipal ós grupos Gran Treboada, Rumborrachera, Muyayos de Raíz, Phantom Club, Os Chiquilicuatres, Kambotes, Fracasados de Antemano, Os Perqtores, Suzie Q´s, Banda Desarmada e Demetrius. Ademáis haberá obradoiros e xogos de sempre coa Asociación Cultural Os Serandeiros. A tan só un fin de semana da Festa do Pulpo, O Carballiño ofrece boa musica con acento xenuinamente galego e do entorno da comarca.