A XX Edición da Festa da Vendima de Leiro ambientou a "Mañá de Cope O Carballiño"
Un momento do programa, con Ramón Alvarez
(Redacción. Belén González) Este vindeiro domingo, 30 de agosto, o Concello de Leiro celebra a vixésima edición da Festa da Vendima. Unha celebración con gran tradición que conta con vinte anos grazas á iniciativa dos veciños de Leiro. A tan só un día da festa, tivemos a oportunidade de falar co seu alcalde, Francisco José Fernández, que nos ofreceu unha visión ampla do que acontece no concello e, por suposto, deste festexo ó que acoden centos de persoas. O Concello de Leiro está declarado como Ruta do Viño do Ribeiro; esta ruta do viño é unha asociación formada por 14 concellos que pertencen á Denominación de Orixe. Ademáis, esta ruta está homologada e conta con 30 establecementos asociados; Francisco José Fernández di que esta ruta "é o primeiro paso para facer o turismo do viño e levar a xente ás adegas". Explotar o enoturismo é clave, porque unha vez que se consiga na súa totalidade esta certificación, isto repercutirá no pobo. Esta ruta do viño favorece á hostelería, ó balneario e a tódalas instlacións turísticas. Outro dos proxectos, xa feito realidade, para facer do Ribeiro un punto de encontro dos turistas é a Mancomunidade Turística da que forman parte Ribadavia, Boborás, O Carballiño e Leiro. O cargo de Presidente desta mancomunidade recae tamén en Francisco José Fernández que declarou que nestes momentos esta mancomunidade leva a cabo un plan director, o cal indica por onde teñen que ir estes concellos para facer deles un atractivo turístico clave. A pesar deste descenso de turistas, o Concello de Leiro sitúase nun cuarto posto no ranking de afluencia de foráneos. O Producto Interior Bruto (PIB) de Leiro pasa polo viño, porque alí atópanse adegas moi importantes. Aproximadamente hai sete adegas punteiras tanto en producción como calidade, o que demostra que o viño no Concello de Leiro é un producto fundamental para sacar adiante esta comarca. Noutra orde de cousas, este verán a crise tamén se deixou caer por Leiro, posto que o mes de xullo deixou un mal sabor de boca na zona, porque a visita de turistas mermou. Pola contra, este presente mes resulta máis positivo en canto a visitantes, o que favorece a situación dos empresarios; moitos dos visitantes optaron por pasar o seu tempo de lecer no río, bañándose ou relaxándose na zona do Salgueiral.
En pouco tempo comezará a construcción dunha casa de turismo rural que terá 17 habitacións, o que se significa que os empresarios seguen apostando por Leiro como atractivo turístico. Con respecto ó Balneario de Berán, as bases xa están aprobadas e agora só queda sacar o proxecto á venda e que un empresa o colla e o saque adiante.
Outro dos convidados foi o Coordinador da Festa da Vendima, Ramón Álvarez, que nos ofreceu as novidades que incorpora este ano a celebración da festa da vendima. O ano pasado participaron vinte carrozas e este ano esperan achegarse a elas. A día de hoxe hai carrozas que chegarán dende o San Amaro, Cameixa -no concello de Boborás- e algunha de Pontevedra. Os premios deste ano aumentaron con respecto a outros anos e a carroza gañadora recibirá 1.000 euros, fronte ós 900 euros do ano pasado. A posición de prata levará 750 euros e a carroza que quede en terceira posición recibirá 500 euros. Só por participar, as carrozas serán premiadas con 300 euros.
Os máis cativos non quedan fora deste festexo e a mellor carroza recibirá 450 euros, a segunda levará 350 e a terceira, 250 euros; 150 euros será o que leven só por presentarse. A xornada festiva e de lecer comezará ás 10.00 da mañá coa recepción de acios na Praza do Cruceiro, os cales se presentan a concurso; o mellor acio recibirá un premio de 90 euros, o segundo mellor acio levará 60 euros e o acio de bronce quedará con 30 euros. Aqueles que queiran participar no concurso de acios terán que presentarse con acios autóctonos ou do Ribeiro.
Ás 11.30 horas darase a benvida a autoridades e convidados na Casa Consistorial; ás 12.00 horas D. Jesús Vázquez, Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, leerá o pregón na Praza do Cruceiro e ás 12.30 horas faráse o desfile de carrozas e charangas dende a Rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Festa. Para ver máis cousas haberá no paseo fluvial a VII Edición do Mercado Artesanal, con 27 artesáns, e unha exposición agrícola. Ademáis, todos aqueles que queiran poderán comer, a partir das 14.00 horas, nunha carpa habilitada para acoller a mil persoas no Salgueiral. As entradas aínda están a venda e pódense retirar en calquera bar de Leiro. O menú terá un coste de 23 euros e inclúe pulpo, carne ó caldeiro, pan, bica, refrescos, auga, melindres, empanada e queimada. Seguidamente faráse entrega dos premios ós gañadores dos concursos de acios e carrozas. Despois do xantar, ás 18.00 horas celebraráse un partido de fútbol entre o Leiro e o Ourense B. Ás 20.30 horas, as corais de Val do Avia, Meis e Portugal darán un concerto na Igrexa de San Pedro de Leiro. A partir das 22.00 horas, unha orquestra amenizará a verbena.
Outro dos invitados foi o director da Coral Polifónica Val do Avia, Celso Domínguez. Esta coral ofrecerá un concerto na vixésima edición da festa da vendima xunto coa coral "Canto e encanto" de Portugal e a Coral de Meis na Igrexa de Leiro. Ó remate do concerto, as tres corais cantarán xuntas unha peza. Celso Domínguez mostrouse partidario de cambiar o repertorio cantado polas corais, porque se fai moi repetitivo pero ás veces estas pezas non se poden cambiar, porque hai, según o presidente da Coral Val do Avia, pezas que se fan difíciles de cantar para os grupos; Celso defende a interpretación de cancións enxebres como alalás, foliadas.. porque afirma que "o noso cantar é moi bonito". Ademáis de dirixir esta coral, Celso Domínguez adicase ó cultivo de viñas. "Antes nas vendimas cantábase, pero esa tradición foise perdendo porque agora hai menos xente". Con respecto á colleita, este ano preséntase variable, aínda que a maduración do viño está sendo moi irregular. A caste de treixadura aportará este ano pouca cantidade pero moita calidade, mentres que no xerez a producción é bastante boa en canto a cantidade.