Atopan o cadáver dun home, á beira do camiño dos arrieiros, na parroquia do Varón.
Un veciño da parroquia carballiñesa do Varón atopou o cadáver dun home, mentres realizaba traballos de limpeza no lugar desta mesma parroquia coñecido co nome do Pedregal, a poucos metros do antigo camiño dos arrierios. As primeiras hipóteses apuntan a que pode tratarse do cadáver dun veciño de Leiro residente na localidade de San Cristovo, en Ribadavia, que desaparecera en decembro de 2007, e que durante varias semanas fora buscado sen éxito polas agrupacións de Protección Civil do Carballiño e Ribadavia. A garda Civil procedeu o levantamento do cadáver despois de que o houbese ordenado o Xulgado nº 2 do Carballiño, a quen corresponden as dilixencias.