Valladares cree que o incendio forestal que afectou a 140 hectáreas na parroquia de Covas foi intencionado
Valladares está convencido. Detrás do lume que arrasou 140 hectáreas de monte na parroquia de Covas estivo a man da intención pirómana dalgún desaprensivo. O Alcalde de Cea tamén destacou o operativo desplegado na zona e nas labores de control do lume por parte da Consellería do Medio Rural, e que incluíu oito motobombas, tres palas, catro hidroavións, seis avións de carga en terra e catro helicópteros, asi como nove brigadas e tres técnicos especialistas. Os fortes refachos de vento e os cámbeos de dirección dificultaron os traballos de extinción, que se prolongaron durante 36 horas, desde que se declarara o incendio na tarde do pasado lúns 31 de agosto. Por momentos, o lume aproximouse perigosamente á localidade de Ardesende, aínda que finalmente non foi precisa a evacuación da veciñanza.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións do alcalde de Cea a Cope Carballiño