Do 7 ó 11 de setembro, O Carballiño acolle unha nova edición do festival de teatro galego

4, Setembro 2009

A programación inclue este ano dúas estreas, un feito que demostra o actrativo que resulta para as compañias  teatrais galegas o participar no certamen teatral carballiñés, que esta mañá foi presentado na casa do Concello do Carballiño, no transcurso dun acto no que ademáis dos organizadores, da Asociación Cultural FETEGA, participaron a Concelleira de Cultura Inmaculada Ucha, Vicente Montoto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, e representantes da Deputación Provincial e o Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martínez. As estreas serán as de "Lagarta Lagarta" e "Teatro de Ningures", este último coa carballiñesa Josi Lage no reparto.

A programación ó completo é a seguinte:

luns 7/09/09_hora:22:30_entradas:5€

compañía: “LAGARTA LAGARTA”

coa obra: O SEGREDO DOS HOFFMAN

Catro membros dunha familia, rota por un segredo oculto durante anos, reúnese co motivo

do falecemento da avoa Constanza. Os seus recordos, soños e anhelos describen un

universo pechado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que esmiúza unha historia

intensa e envolvente.

Actores: Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constela e Rebeca Montero.

Dramaturxia: Roberto Salgueiro e Alejandro Palomas.

Dirección: Rosa Álvarez

 martes 8/09/09_hora:22:30_entradas:5€

compañía: “CHÉVERE”

coa obra: TESTOSTERONA

Tito e Fran son dous colegas que acaban de montar un grupete de punk-rock, Os Dildos. Hoxe

terán que tocar eles dous sós, guitarra e batería, porque Luismi, o baixista, deixou o grupo antes

de que puidesen dar o  seu primeiro concerto. Tito é a figura carismática dos  Dildos, un

guitarrista curtido en todo tipo de conflitos  e disputas. Fran é o cerebro do grupo, un baterista

atípico que escribe coa mesma contundencia coa que golpea na caixa.

 Actores: Natalia Outeiro e Patricia de Lorenzo.

Dramaturxia: Patricia de Lorenzo, Natalia Outeiro e Xesús Ron.

Dirección: Xesús Ron

 mércores 9/09/09_hora:22:30_entradas:5€

compañía: “TEATRO NU”

coa obra: COA PALABRA NA LINGUA

Concerto en dúas linguas para dous actores e un músico Dous actores de diferentes

nacionalidades, diferentes linguas, aínda que unidos por moitas afinidades culturais,

constitúe un problema á hora de deseñar un proxecto? Nós cremos que non. Consideramos

que a convivencia do galego co portugués é posíbel. Por iso buscamos, nun xénero

límite, como é a poesía, o encontro teatral de dúas formas de falar distintas.

 Actores: Mónica Camaño, Zé Paredes e Anxo Graña

Dramaturxia: Varios

Dirección: Zé Paredes

 xoves 10/09/09_hora:22:30_entradas:5€

compañía: “TEATRO DE NINGURES”

coa obra: ATRABILIS

 Nazaria, Daría e Aurora son tres irmás xa anciás que viviron toda a súa vida xuntas nunha grande casa dunha aldea calquera. Esta noite de xoves están reunidas para velar o cadáver do marido de Nazaria, a única que casou, acompañadas da fiel criada de Nazaria, Ulpiana. E será ao redor deste velorio onde saian á luz as eternas querelas entre as irmás e eses segredos ocultos que permaneceron alí, latexantes, durante cincuenta anos.

 Actores: Casilda García, Sonia Rúa, Josi Lage e Fran Paredes.

Dramaturxia: Laila Ripoll

Dirección: Etelvino Vázquez

 venres 11/09/09_hora:22:30_

GALA ENTREGA DE PREMIOS FETEGA

Na Praza das Monxas

Con “San & San” e o cantautor “Roberto Sobrado”

 

Máis información: www.fetega.com