PSOE e BNG marcanse de prazo este mes de setembro para acadar un pacto de goberno no Concello Carballiñés
PSOE e BNG volvían reunirse onte para retomar as negociacións orientadas á sinatura dun pacto de goberno no Concello do Carballiño, un acordo para o que resta de mandato municipal atá o ano 2011. O verán supuxo unha interrupción nestas negociacións e, agora, a intención de unhos e outros é que o posoble acordo se produza de forma inmediata, durante este mes de setembro no que andamos. Na reunión bilateral que se celebraba onte volveron abordarse unha série de puntos que os nacionalistas consideran como irrenunciables para formar parte dun goberno bipartito, e unha vez que xa se avanzou no pago ós proveedores despois de aprobarse por parte da Corporación Municipal a solicitude dun préstamo ó Estado para abonar facturas correspondentes ó ano 2008 e anteriores. Sen embargo, aínda están sobre a mesa outras peticións do BNG, tales como a realización da auditoria ou a reorganización na política de persoal. Ainda que non houbo declaracións tras a reunión, pudemos saber que durante a mesma houbo puntos de coincidencia e outros nos que perduran as discrepancias, eso sí, ambas partes teñen claro que de suscribirse o acordo tería que producirse de forma inmediata, xa que do contrario cada vez quedaría menos tempo para completar o mandato, e xa non tería moito sentido unha operación política deste calado. A resposta corresponde agora ós socilaistas, que deberían contestar nos vindeiros dias.