Falece Manuel Borrajo, ex-concelleiro, e médico do centro de saúde do Carballiño nos últimos 25 anos
O Funeral celebraráse este sábado dia 3 de outubro, a conduccción será ás seis da tarde desde o seu pobo natal de Paioso á Igrexa Parroquial de Vilardecás, no Concello de Maceda. Manuel Borrajo era persoa moi coñecida no Carballiño, onde exerceu a súa profesión de médico desde mediados da década dos anos oitenta do século pasado atá fai apenas seis meses, cando se lle diagnosticou unha doenza da que xa non pudo recuperarse. Contaba sesenta anos de idade. Primeiro, na antiga casa sindical e desde a súa construcción, no centro de saúde carballiñés, Manuel Borrajo foi o médico de cabeceira de miles de carballiñeses. Ademáis, Borrajo tamén participou activamente na vida política local, exercendo como Concelleiro da Corporación Municipal do Carballiño polo extinto partido Centristas de Galicia, durante dous mandatos entre 1987 e 1995. Tamén formou parte da Xunta Local do Partido Popular baixo a Presidencia de Maria Dolores Seijas.