Tráxico accidente de tráfico en Boborás cunha muller morta e tres feridas graves, veciñas de Brués e Feás
O sinistro ocorreu arredor das oito da tarde deste pasado sábado á altura do kilómetro 30,5 da estrada N-541 nas inmediacións entre o cruce de Moldes e a localidade de Sande, no Concello de Boborás. Por causas descoñecidas, o vehículo Lancia Fiat que conducía Sara Fortes Ogando, de 53 anos de idade, saíuse da calzada e despeñouse por un barranco dunhos 10 metros de desnivel, quedando a unhos 20 metros da estrada e coas catro ocupantes atrapadas no habitáculo do automóbil, de maneira que foi necesaria a intervención do equipo de excarcelación da Agrupación de Protección Civil do Carballiño para rescatar as catro mulleres. Unha delas, Lucinda Ogando Barros, de 85 anos, falecía no mesmo lugar do accidente, mentres que a conductora e as outras dúas ocupantes , de 60 e 88 anos de idade, foron trasladadas en ambulancia ó Complexo Hospitalario de Ourense, ónde ingresaron con feridas graves. As catro son veciñas das localidades de Brués e Feás, no Concello de Boborás, aínda que nos últimos anos residian na vila do Carballiño.