Duas persoas feridas, unha delas apuñalada na espalda, nunha pelexa na rúa Conde Vallellano
Os feitos ocurriron minutos despois das sete da tarde na beirarrúa de Conde Vallellano nas inmediacións coa rúa Aldara e nunha liorta na que se viron involucradas varias persoas, unha delas sufríu varias feridas na espalda producidas por arma branca, ó parecer un coitelo, e unha segunda resultou con contusións en varias parte do corpo trala refrega, que provocou escenas de pánico entre os moitos transeúntes que a esa hora pasaban pola rúa Conde Vallellano. A persoa que foi obxeto do apuñalamento é un home veciño do lugar de Outeiro Grande, no Concello de Maside, sufríu polo menos catro incisións na espalda, perdendo abundante sangue atá que foi trasladado para recibir asistencia sanitaria, e atópase fora de perigo. A segunda persoa ferida é veciña do Carballiño. Na refrega participaron alomenos outros dous homes, ambos de nacionalidade colombiana e residentes no Carballiño, membros dunha mesma familia, tío e sobriño, éste último foi detido pola Garda Civil como o presunto autor material do apuñalamento. Policia Local e Garda Civil iniciaron as pescudas para aclarar os feitos, non descartandose que poidan estar involucradas máis persoas na pelexa, que parece ser tivo a súa orixe en problemas personais entre os contendentes no altercado.