O Concello de Beariz convoca un concurso de postais

6, Novembro 2009

O Concello de Beariz está a organizar o  “I concurso infantil de postais do Nadal”. Poderán participar todos aqueles nenos e nenas entre 3 e 12 anos que estén censados no Concello de Beariz. Así que, se eres de Beariz e tes entre 3 e 12 anos, anímate e participa, e ademáis poderás gañar un lote de material escolar por valor de sesenta euros.Qué podes facer para participar?
Só tes que recoller no Concello ou no Colexio de Beariz un sobre que contén unha cartulina onde tes que facer o teu dibuxo relacionado có Nadal.
Identificación:
No reverso de cada dibuxo deberá figurar o número que no Concello ou Colexio nos asignen no momento de presentar os traballos có fin de garantir o anonimato. NON LLE POÑAS O TEU NOME.
Prazo de admisión:
Poderá presentarse no Concello ou no Colexio un debuxo relacionado co Nadal por neno/a, en color ou branco e negro. Tes de prazo ata o día 24 de novembro. No sobre indicarase: “I Concurso Infantil de Postais do Nadal 2009”.
Xurado:
O xurado estará formado por un representante do Concello, por a directora do colexio e por un membro dos servizos sociais da Mancomunidade. O fallo será emitido na última semana do mes de novembro.
Premios:
O Concello establece os seguintes premios:
Primer premio: lote de material escolar valorado en 60 euros e será o dibuxo que o Concello de Beariz utilice na postal para felicitar o Nadal.
Segundo premio: lote de material escolar valorado en 40 euros.A entrega de premios levarase a cabo no lugar, día e hora que previamente se comunique.
Exposición:
Cos debuxos recibidos faráse unha exposición de postais que estará no Colexio ata o día 18 de decembro e a partires desta data ubicaráse na casa do Concello.