O Arenteiro cae ante o Estradense (1-3) e descolgase dos postos de ascenso
Espiñedo viviu unha nova tarde de derrota para o Arenteiro, esta vez foi o Estradense quen se levou os tres puntos, a cuarta vez no que vai de liga, 14 xornadas, antes xa o fixeron Barbadás, Portonovo e Caselas. Se ás catro derrotas sumamos o empate ante ó Cruceiro de Hio, estamos segurante ante o pior Arenteiro como local das últimas temporadas. O equipo segue sendo incapaz de dar unha alegría á sufrida parroquia carballiñesa, e eso que desta vez o Arenteiro púxose por diante no marcador grazas a un gol de Diego Soto e atá conseguíu irse ó descanso por diante no marcador. E incluso nos primeiros vinte minutos da reaunudación, o Arenteiro foi controlando o partido, aínda que os da Estrada, moito mellor posicionados no campo, xa avisaran da súa perigosidade en varias ocasións. Sen embargo, e despois de que Martín fallase cando tivo a oportunidade de sentenciar o partido, todo se veu abaixo tras unha desgraciada xogada na que Valeiras marcou en propia meta e empatou o partido. A partir de entón, o Arenteiro desapareceu do partido e un Estradense con maior oficio aproveitou para gañar o partido con dous novos goles. Con este resultado, os da Estrada abren unha brecha de seis puntos sobre o Arenteiro, que descende atá o séptimo posto na táboa de clasificación.