José Luis Baltar e Bernardo García alcanzan un acordo para que a Deputaciòn xestione a recollida do lixo no Carballiño
A entrevista tivo lugar esta mañá, e trala mesma, o concelleiro de medio ambiente manifestouse abertamente favorable a que sexa a organismo provincial quen se faga cargo da xestión do servizo da recollida do lixo no Concello do Carballiño. Bernardo García asegura que con esta decisión o concello carballiñés aforraría arredor dos cen mil euros, tendo en conta os datos do coste deste servizo correspondentes ó exercicio do ano pasado. Ademáis da cuestión económica, o titular do departamento muncipal de medio ambiente afirma que a entrada da Deputación na xestión deste servizo traería consigo diversas melloras, tales como o lavado periódico dos contenedores. Ademáis, o Presidente da Deputación tamén se comporometeu a atender as peticións carballiñesas en relación á canceira, xa que aportaría 2 traballadores e 1 veterinario á futura Fundación, que se fará cargo deste servizo e que terá carácter intermunicipal. Baltar tamén comprometeu o apoio da entidade que preside para facerse cargo da execución do proxecto de mellora do ácceso ó punto limpo da Medela. Unhas aportacións por parte da Deputación que siñificaría o aforro doutros cen mil euros para o Concello Carballiñés. Agora, resta que o grupo municipal de goberno dea luz verde a sinatura do convenio de colaboración, que tería inicialmente unha vixencia dun ano. Na reunión, celebrada na sede da Deputación Provincial, tamén estivo presente o portavoz do PP na Corporación Carballiñesa, Argimiro Marnotes, que amosou o seu incondicional apoio a esta iniciativa xa que sería "un primeiro paso, xa que despois de moitos anos alguén comprende a necesidade de mancomunar servizos, que dan mellores prestacións e resolven mellor calquera imprevisto" e engadíu que "A Deputación estivo sempre no mesmo sitio, só estaba esperando que se lle pedise colaboración". Finalmente, Marnotes agarda que "esta cuestión remate coa idea dos socialistas de potenciar un consorcio de Concellos nos que só teñen cabida os que estén rexidos por socilaistas e se den conta que dar mellores servizos públicos está por enriba de cores políticos". Opinión ben distinta é a dos socialistas, que por medio do Alcalde Carlos Montes amosou as súas reticencias a esta proposta do concelleiro de medio ambiente. Montes dí que "hai que mirar, pero a opción da Deputación non me parece a mellor".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Bernardo García, concelleiro Medio Ambiente