As comarcas do Ribeiro e O Carballiño terán acceso a banda ancha a través da implantación dunha rede Wimax
A empresa Iberbanda foi a adxudicataria do contrato de concesión para desenvolver o proxecto de implantación e posterior explotación dunha rede de banda ancha para o acceso á internet nas comarcas do Carballiño e o Ribeiro, que financia a Deputación Provincial mediante axudas Feder para o desenvolvemento rural e urbano, cun investimento que ronda o millón de euros. Trátase do programa "Terras do Avia", que abrangue os concellos de ambas comarcas, cunha pobación total de 49.261 habitantes, dos que o 85% dos mesmos, é decir, 41.858 terán a posibilidade de conectarse o sistema WIMAX de banda ancha para acesso a internet, coas prestacións da alta velocidade, a implantar progresivamente durante o vindeiro ano 2010, coa instalación de estacións base WIMAX e radioenlaces punto a punto, que darán cobertura atá o 85% da poboación intercomarcal. Iberbanda desenvolverá un plan de implantación técnica da rede en tres fases, estando prevista a primeira delas para maio de 2010, cunha cobertura arredor do 37% da poboación á que se lle ofertará o servizo. No mes de xullo de 2010 a cobertura deberá chegar ó 83%, e finalmente, no mes de setembro de 2010 deberá quedar cuberta o 100% da poboación. Cada usuario que elixa este sistema de conexión a internet pagará unha cuota de 39 euros ó mes.