A Garda Civil imputa a cinco persoas por diversos delitos relacionados coas obras do AVE
A operación, que levan a cabo a Policia Xudicial e a Garda Civil do Carballiño, continua aberta e non se descartan novas actuacións. De momento, cinco persoas foron imputadas como presuntos autores de diversos delitos de roubos, apropiación indebida, e incluso simulación de roubos, tras as investigacións que se viñeron realizando desde o pasado mes de xullo en relación o esclarecemento de diversos feitos delictivos contra o patrimonio, dos que resultaron afectadas as UTE que realizan as obras do AVE na Comarca do Carballiño, concretamente UTE Carballiño e UTE Maside. As imputacións a estas cinco persoas producense despois das investigacións e toma de declaración a traballadores destas emprresas, e persoal directivo e de seguridade. No curso das investigacións realizaronse visitas e inspeccións a centros de clasificación e reciclaxe de materiais férricos, localizandose vendas por valor de 60.000 euros, e acadando as cantidades controladas un peso de 300.000 kilos, constatandose ademáis a existencia de irregularidades nos cobros e expedición de facturas.