O Concello do Carballiño ultima os traballos para garantir a cobertura total da TDT no municipio
No transcurso da vindeira semana comezarán as obras de construcción da caseta e o resto da infraestuctura necesaria para a instalación do equipo reemisor da televisión dixital terrestre que se ubicará nas inmediacións da localidade de Señorín, que dará cobertura a unha zona do Carballiño, fundamentalmente a vertente do río Carrás, e para garantir unha correcta recepción da TDT na totalidade da zona urbana. O Concello carballiñés realizará a obra civil, mentres que a instalación técnica será financiada pola Xunta de Galicia. Ademaís, os responsables municipais solicitaron un informe técnico para coñecer as posibles zonas de sombra na cobertura da TDT no ámbito territorial do municipio carballiñés. Ademaís deste reemisor de Señorín, xa se sabe que será necesaria mellorar a sinal nalgunhas outras zonas do rural, como na localidade do Varón. Mentres , a zona norte do municipio, as parroquias de Santa Uxía de Lobás e A Piteira, recibirán a sinal desde o emisor instalado no monte do Pico da Peniza. O Concello do Carballiño, igual que os do resto da Comarca, están incluidos na 2ª fase de implantación da TDT, onde inicialmente o apagón analóxico está anunciado para o vindeiro dia 18 deste mes de xaneiro, aínda que esta data é orientativa e podería variar según as distintas áreas xeográficas en función de que poida garantirse a total cobertura da televisión dixital terrestre.