O Grumir carballiñés, baixo mínimos, á espera da renovación dos contratos de traballo
O pasado dia 31 de decembro rematou o contrato laboral dos 15 integrantes do Grupo de Intervención Rápida do Carballiño, e deles, só a tres se lles ven de renovar a relación contratual coa Direción Xeral de Emerxencias. Asi se pón de manifesto a través dun escrito remitido ós medios comunciación por parte dos membros que integran o Grumir, e no que ante distintas informacións aparecidas nos últimos dias, tamén aclaran que según as comunicacións que se lles achegou, ós doce traballadores restantes non se contratarán atá o vindeiro mes de marzo. Ante esta situación de precariedade na que se atopa o servizo, o Grumir Carballiñés traslada a súa inquedanza ó conuxunto da poboación, xa que os recursos cos que na actualidade se conta non son os máis apropiados para atender as emerxencias que se poidan presentar. De tódolos xeitos, os doce integrantes do Grumir ós que non se lle renovou o contrato de traballo, acordaron seguir facendo gardas voluntarias, e na medida das súas posibilidades "para non abandoar a súa sorte á xente do Carballiño". Finalmente, o Grumir carballiñés esixe "dunha vez por todas estabilidade laboral dun servizo esencial como é o Grumir e o seu traballo de atención ás emerxencias".