O paro aumenta na Comarca e acada o record de 2.185 persoas rexistradas como demandantes de emprego
O paro aumenta en todos os sectores e en todos os Concellos sen excepción, según os datos do Ministerio de Traballo correspondentes o pasado mes de decembro, e nos que se recolle tamén a evolución mensual e anual, tanto en porcentaxes absolutas como relativas. Das 2.185 persoas rexistradas como demandantes do emprego na Comarca do Carballiño, o 58% corresponde á capitalidade comarcal, o Concello do Carballiño tén 1.246 persoas no paro, das que 686 son mulleres e 560 homes, sumando un total de 217 novos parados durante o último ano. Por sectores, o de servizos é o que máis demandantes de emprego rexistra, son 657 persoas. Séguenlles a construcción, con 216 parados, e a industria, con 210. Sen emprego anterior son 137 os contabilizados e , finalmante, 26 no sector da agricultura. No resto da Comarca, Maside é o segundo Concello no ranking do paro, cun total de 267 persoas sen emprego, seguido do de Boborás con 183. Por atrás, situanse San Cristovo de Cea con 118 persoas incritas no paro, O Irixo con 96 e San Amaro con 95, por diante de Piñor que suma 88, Punxín 63 e Beariz con 33 persoas que esperan conseguir traballo.