O Ribadumia tamén se aproveita do chollo de Espiñedo e derrota ó Arenteiro (1-3)
Unha segunda parte tonta do Arenteiro deixou escapar outros tres puntos de Espiñedo, que está sendo un auténtico chollo para os equipos visitantes, desta foi o Ribadumia quen se impuxo con toda xustiza e foi merecedor incluso dunha victoria máis ampla, se temos en conta as ocasións creadas por unhos e outros no cómputo do partido. Con dúas partes diferenciadas, na primeira un discreto Arenteiro que a tres minutos do descanso lograba situarse por diante no marcador por medio de Nicol. O mesmo xogador tería a oportunidade de ampliar a ventaxa na derradeira xogada do primeiro periodo. Na reanudación, ós cinco minutos chegaría o gol do empate e desde entón o Ribadumia fíxose co partido, cun Arenteiro desaparecido do terreo de xogo e con clamorosos fallos defensivos, sen control e ningún tipo de reacción. Marquitos comezou a facer cámbeos e foi pior o remedio cá enfermidade, o Arenteiro volvíase máis torpe conforme pasaban os minutos e o Ribadumia, en xogadas a balón parado e o contrataque remataba a faena con dous novos goles. Quinta derrota do Arenteiro no que vai de liga en Espiñedo, o dito, un chollo este ano para os equipos visitantes. O próximo que pode aproveitarse da ganga é o Xuventude de Sanxenxo, o vindeiro domingo dia 31, xa que o Arenteiro volve xogar na casa.