Un Arenteiro que non da máis de sí, empata ante o Sanxenxo (1-1)
A sangría de puntos nesta liga en Espiñedo parece que non tén fin. O Arenteiro volveu a repetir o guión de anteriores partidos, adiantandose no marcador, índose ó descanso por diante, e atá xogando contra un rival que se quedou con 10 xogadores os últimos 20 minutos de partido, nin asi. O Sanxexo, que non tirou a portería en todo o partido levouse outro punto do chollo de Espiñedo. E xa tén mérito, non tirar entre os tres paus en 90 mintuos e levarse o empate a un gol. E é que, para máis desgracia, efectivamente, o gol do Sanxenxo chegou ó saque dun corner que non acertaron a despexar nin Tacón nin o meta Iván, entre os dous, fixeron o gol do Sanxenxo. E o pior, a imaxe que toda a segunda parte volveu dar este Arenteiro que non sabe a qué xoga, sen patrón de xogo e sen apenas máis recursos que a vontade que poñen algunhos xogadores, e con algunhos outros en alarmante baixa forma. Adiante, por exemplo, só Nicol -autor do gol- foi quen de levar perigo á portería rival. Atrás, algo mellor coa entrada de Jorge no equipo, e no centro do campo cada quen facendo a guerra pola súa conta, sen moito acerto. Ante este panorama, os recambeos de Marquitos foron dar entrada no terreo de xogo a Oliveira no úlimo cuarto de hora, e a Marcos Castro cando faltaban 3 minutos, acaso éste último fose para perder tempo e amarrar o empate. Quen sabe.