O Arenteiro regresa de Pontellas cunha derrota (2-1) que o afasta dos postos de ascenso
O partido foi pésimo na súa primeira parte polos dous equipos, apenas cunha ocasión en ambas porterias, pobre bagaxe atancante de unhos e outros que se foron o descanso sen mover o marcador. Na reaunudación, tampouco se albiscaban cámbeos de actitude nin no Pontellas nin pola parte do arenteiro, e todo parecía indicar que o partido sería para o que lograse marcar un gol. E precisamente, cando xa se consumira o ecuador da segunda parte sería o Arenteiro quen se adiantaba no marcador, xa pudo facélo antes nun cabezazo de Martín que se foi fora por pouco, pero foi Tacón quen enganchou dentro da área grande un zurdazo que se colou axustado ó pau, inalcanzable para o meta local. O partido poñíase de cara e parecía que o máis dificil estaba feito. Pouco durou a alegria, porque o Pontellas foi quen de voltear o marcador en cinco minutos aciagos para o Arenteiro, primeiro cun disparo desde caseque 40 metros que con Iván fora da porteria non conseguiu despexar ningún defensa e de seguido aproveitando un fallo de marcaxe da defensa carballiñesa, que deixaron o dianteiro local para que poidese cabecear a placer o gol da remontada. O Arenteiro, que xogou os últimos minutos con 10 por doble amarela a Oliveira, aínda tería ocasión de empatar no último suspiro do partido, cando un remate a media altura de Nicol foi enviado a corner nunha gran intervención do meta local. Mención aparte merece a labor do árbitro, que castigou en exceso ós carballiñeses, ensinandolle atá oito tarxetas, mentres se amosaba condescendiente cos locais. A derrota fai descender o Arenteiro atá o séptimo posto da clasificación, descolgandose do obxetivo do ascenso.