Barbadás e Arenteiro, igual de malos, reparten os puntos ( 0-0 )
Nin Barbadás nin Arenteiro demostraron esta tarde ser dous dos equipos que forman parte do pelotón que loita por meterse nos postos de privilexio desta liga. Os locais, moi lonxe do equipo sempre perigoso dos últimos anos, e o Arenteiro na súa liña de irregularidade á que xa nos tén acostumados esta tempada, cun primeiro tempo no que foi tan malo coma o Barbadás, e algo mellor na segunda parte, curiosamente cando se quedou con dez xogadores no campo por doble amarela ó defensa Padín. Foi entón cando mellor controlaron o partido os carballiñeses, que tiveron unha inmellorable ocasión para adiantarse no marcador nun balón que, co porteiro local batido, non lograron cabecear nin Tacón nin tampouco Fran. A dez minutos do final, Juan José -que acababa de entrar no lugar de Fran- protagonizou outra curiosa xogada: desde caseque o centro do campo vé adiantado ó porteiro do Barbadás e lanza un chupinazo sobre a porteria local que vai por enriba do traveseiro por moi pouquiño, de tal maneira que o efecto óptico fai que pareza que o balón acabase dentro da portería, incluso o linier dá o gol e provoca unha curiosa confusión, que logo aclara o árbrito sinalando saque de portería. Tivo que quedarse o Arenrteiro con 9 xogadores no campo, por expulsión de Gil, para que o Barbadás lograse fabricar unha clara ocasión na portería de Iván, pero cando xa os seguidores locais cantaban o gol, apareceu providencial baixo paus Nacho Currás para despexar o balón. Malia acabar o Arenteiro o partido con dous expulsados a arbitraxe foi correcta e o reparto de puntos fixo xustiza os poucos méritos de unhos e outros, nun partido malo que pudo gañar ou perder calquera dos dous.