Tres persoas afincadas no Carballiño, detidas por unha presunta estafa a máis de 200 extranxeiros
O "modus operandi" consistía na captación das víctimas a través da publicación de anuncios nos xornais, nos que se ofrecian servizos para os trámites de legalización de persoas extranxeiras en situación irregular en España. As víctimas eran atendidas por unha avogada, con domicilio no Carballiño, que utilizaba unha identidade falsa e citaba a estas persoas para a realización dos trámites, a cámbeo dunha cantidade de diñeiro que se cobraba coa suposta minuta. A continuación, a avogada inscribía ás víctimas en ofertas de emprego de distintas empresas, que si ben estaban constituídas legalmente, non desenvolvían ningún tipo de actividade. Desta maneira, e según os datos facilitados pola policia, foron estafadas unhas 200 persoas desde o pasado mes de decembro. Os 3 detidos, de nacionalidade española afincados no Carballiño, involucrados neste presunto caso de estafa son M.L.R. de 34 anos, J.A.G.S de 48 anos, e J.R.G.S. de 52 anos. Tras obter permiso xudicial, e nun posterior rexistro realizado no domicilio dos 3 detidos, intervíuse abundante documentación que está sendo analizada polos grupos de investigación das Unidades de Extranxería e Inmigración das comisarias de Vigo e Ourense, que levaron a cabo conxuntamente esta operación.