O Director Xeral de Patrimonio confirma a Amil a obra de acondicionamento da torre da Veracruz
Nos vindeiros dias, o diario oficial de Galicia publicará a licitación da obra de consolidación e acondionamento da torre da Veracruz, tal como adiantou hoxe o Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, no transcurso dunha visita ó Carballiño, onde foi recibido polo Concelleiro de Obras e Urbanismo Manuel Amil. Ambos tiveron ocasión de comprobar a urxencia das obras, dado o deterioro que sufre esta parte do monumento, de feito a intención da Xunta é que esta actuación se leve a cabo de forma inmediata. Amil foi o promotor desta obra na etapa do anterior goberno bipartito, incluso o proxecto chegara xa a adxudicarse por parte de cultura, pero posteriores problemas da empresa concesionaria, que se acolleu a un proceso de lei concursal, fixo que a adxudicación quedase sen efecto e a obra suspendida. A actuación prevista tén coma finalidade correxir as deficiencias observadas na torre da igrexa, que en parte puderan ter a súa orixe na escasez de cemento coa que no seu dia se acometeu a súa construcción. Ademáis, dotaráse dunha nova escaleira, coa idea de que poida accederse e ser visitable a parte maís alta da igrrexa, algo que na actualidade non é posible por motivos de seguridade.