Semana decisiva para a resolución da polémica do muro na praza da Veracruz
O Concelleiro de Obras e Urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, espera que no transcurso desta semana visiten O Carballiño os responsables técnicos da Dirección Xeral de Urbanismo e os redactores do proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, para comprobar o desenvolvemento da obra e, e concretamente, a construcción do polémico muro que provocou un gran rexeitamento social. A visita dos técnicos da Xunta tamén fora anunciada dias atrás polo portavoz do partido Popular, Argimiro Marnotes, tras contactos que mantivo ante os responsables da obra, e co mesmo propósito, que se revise este aspécto concreto do proxecto, a retirada do muro que resta visión sobre o monumento de Palacios desde a rúa Evaristo Vaamonde. Antes da visita Ó Carballiño, o Alcalde Carlos Montes e mailo concelleiro de obras serán recibidos na sede da Consellería, en Santiago de Compostela, polos responsables da obra, ós que trasladarán o rexeitamento ó muro en construcción, e tamén esperan traer noticias sobre as alegacións que no seu dia se presentaran a este proxecto, que están aínda sen resolver. A entrevista está fixada para este martes dia 20 de abril ás once da mañá. Conforme pasan os dias, faise máis patente a oposición dunha ampla maioria da sociedade carballiñesa contra o levantamento deste muro. Tamén ésta, foi a postura maioritaria manifestada polo movemento asociativo carballiñés, tal como os representantes de asociacións e colectivos transmitiron ás autoridades municipais na reunión informativa que se celebrou o pasado venres. Trala mesma, algunhos dos asistentes amosaron a súa indignación ó saber que o muro acadará una altura que chegará atá os 3,70 metros. Tamén foi evolucionado nas útlimas semanas a posición dos máximos responsables municipais. O Alcalde, Carlos Montes, que comezou xustificando e mesmo defendendo a existencia do muro como a mellor solución técnica posible, manifesta agora que "o concello está aberto a unha modificación do proxecto, sempre que non se paralice a obra". Mais coherente desde o principio da polémica foi a opinión do concelleiro de obras Manuel Amil, partidario de buscar unha solución consensuda e admitindo "que o muro non lle gusta a practicamente ninguén".