O Partido Popular solicitará o acordo do Pleno Municipal para instar á Consellería a que retire o muro da Veracruz
O grupo municipal do Partido Popular presentará polo trámite de urxencia unha moción no pleno da Corporación Carballiñesa a celebrarse este xoves dia 13 de maio, na que demandará un acordo plenario para instar á Xunta de Galicia a que modifique o proxecto que está executandose no entorno da Veracruz, e máis concretamente que se proceda á retirada do muro de contención e se busque outra solución técnica máis axeitada co entorno, tal como se ven pedindo nos últimos meses por parte da maioria da sociedade carballiñesa, tanto por parte de colectivos e asociacións, como veciños a título persoal. O Partido Popular quere que no transcurso do pleno os grupos políticos municipais se posicionen claramente sobre esta petición, e o posterior acordo sexa comunicado de inmediato á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, solicitandolle que se rectifique ese aspécto concreto da obra.