Espiñedo despide unha convulsa tempada con outra derrota (0-4) ante o Marín
O mellor que podía suceder, que rematase a liga, ésta é a mellor noticia para o Arenteiro. Unha tempada que volveu estar marcada polos acontecementos extra-deportivos, tralo enfrontamento que mantiveron a plantilla do primerio equipo e a Xunta Directiva, e que tiña o seu desenlace có despido masivo da totalidade dos xogadores. Tan só Marcos Castro continuou defendendo a camiseta do Arenteiro. Unha insólita situación que levou ó equipo filial a xogar o resto da liga en preferente. Os inicios foron certamente prometedores, unha derrota pola mínima en Caselas e a sorprendente victoria ante o Arousa, pero logo se víu que aquelo era un espellismo, e a partir de entón este equipo foi de derrota en derrota, atá esta derrradeira ante o Marín, que chegaba a Espiñedo coa obrigación de gañar para manter a categoria. E foille moi fácil, practicamente sen oposición logrou o obxetivo, xa ós 19 minutos gañaba 0-2, e antes do descanso xa acadaba o resultado que sería definitivo, con outros dous goles. Partido sen historia dada a enorme diferencia entre os dous equipos. Agora, agardar que o ano que ven o Arenteiro poida presentar un equipo competitivo, nunha liga na que xa non estarán os ascendidos Portonovo e Estradense, e tampouco os descendidos Celanova, Caselas, Tomiño, Nogueira e Covadonga.