A asamblea de socios ratifica a continuidade da directiva do C.D. Arenteiro
As dúbidas quedaron finalmente disipadas e a asamblea de socios do club confirmou a continuidade da actúal Xunta Directiva que preside Antonio Valiñas, xa que por ampla maioria rexeitou a posibilidade promovida por un grupo de socios liderado pola Ex-Presidenta Katy Alvarez, que viñan demandando nas últimas semanas a convocatoria de eleccións anticipadas, ó enteder que a xestión levada a cabo pola Directiva de Valiñas levou ó Club a un calexón de dificil saída. O Certo é que, tamén por ampla maioria, os socios aprobaron as contas da tempada 2009-2010, e desta maneira, implícitamente, tamén deron o seu parabén a xestión económica do actúal equipo directivo, que presentou un deficit acumulado de 22.942 euros. Tamén se aprobou a previsión orzamentaria para a vindeira tempada, que se fixou en 121.000 euros. Tal como se foron desenvolvendo as votacións no transcurso da asamblea xa se podía intuir que a intención do grupo opositor de forzar a saída da actúal directiva non tería éxito. E asi foi, chegado o punto de rogos e preguntas, Katy Alvarez entregou un escrito asinado por 33 socios, no que se pedia a convocatoria inmediata de eleccións á xunta directiva. Tras a discusión sobre algunhos aspéctos dos estatutos, finalmente a proposta someteuse á votación e a maioria dos socios presentes rexeitaron esa posibilidade. Valiñas e o seu equipo continuarán polo tanto á fronte do C.D.Arenteiro, xa que aínda lle quedan dous anos de mandato. Ademáis, tras a celebración desta asamblea a actuál directiva sae reforzada no seu apoio pola masa social do club, xa que a convocatoria tivo unha moi alta asistencia, arredor de 80 persoas, a maioria socios, e algunhos afecionados ós que se lle perimitíu a entrada. Xa no plano deportivo, confirmouse que Mindo será o adestrador ó que se confia o novo Arenteiro, do que se adiantou que "será un 75% carballiñés na composición do seu plantel" cara a vindeira tempada.